

Saltou á fama tras a súa participación en ‘O rei da comedia’, na TVG, aínda que xa tiña ás súas costas una intensa carreira deportiva no balonmán, onde chegou a xogar en Liga Asobal. 'Supermartes' e 'O programón' foron a súa escola televisiva, ata que o ano pasadeu o salto á interpretación con ‘El Club del Chiste’, de Antena 3. Pero, que pode facer un humorista como David Amor no Día do Emprendedor? Moito. Así o comprobamos esta semana na cita que reuniu a centos de persoas no Palacio de Congresos. Fixo rir e tamén reflexionar a máis de un, e non foron poucos os que non deixaron pasar a oportunidade de fotografarse con el. Entre autógrafo e autógrafo, tamén tivo un oco para nós.
Canto hai de emprendedor en David Amor?
(Sorrí). Imaxino que algo haberá para decidir traballar nun camiño no que non hai escola como este...Aínda que tamén moitas veces as cousas veñen dadas, pero non sei, irei decidíndoo durante o día a ver se son emprendedor...
Deportista, humorista, actor... Veremos algunha nova faceta profesional túa en breve?
Polo de agora creo que non. Teño o proxecto dos monólogos asentado e a interpretación era un rexistro que non coñecía e no que estou traballando, aí podo sorprender e agradar.
Gustaríache probar nalgunha película?
Si. Ficción, sobre todo. Digamos que na época do ‘Club del Chiste’ de Antena 3 entrei en contacto con iso e a verdade é que me gustou e me chamo moito a atención e digamos que no ámbito da televisión ese era o camiño que quería seguir.
En ‘El Club del Chiste’ fixeches rir a moitos. Que che fai rir a ti?
Moitísimas cousas... A xente graciosa, principalmente, empezando polos compañeiros que tiña alí, que a verdade é que son moi simpáticos, e eu tamén teño a risa bastante fácil, a verdad. Pero calquera situación cotiá me pode facer rir, non é moi difícil logralo.
En tempos de crise, estamos cambiando de humor?
(Rí) Non, por favor! Esa pregunta ultimamente facédela sempre! Non! (Sorrí) Bueno, en serio, a nós, os humoristas, non nos favorece estar en crise nin nada así. Eu levo dez anos dedicándome a isto e noto a evolución persoal, pero non noto que a xente o necesite máis agora.
Pódese facer humor de calquer tema ou hai autocensura?
De todo se pode facer humor. Hai que facelo ben. Eu non falo de todos os temas, porque teño o meu perfil, pero si vexo xente que fala de todo e cando o fan ben, non hai problema.
Rober Bodegas, Luis Piedrahita, Carlos Blanco, Roberto Vilar… Sodes moitos os que cada vez vos facedes máis coñecidos fóra. Temos boa canteira?
Non sei se unha canteira como tal. Eu creo que hai grandes humoristas e, coidado, non todos os que saen son os mellores. Eu, ao mellor din o salto por circunstancias persoais, pero para nada son o mellor nin dos mellores. En Galicia hai xente como Kiko Cadaval que, persoalmente, non vin ninguén actuar como el. Para min é o mellor. Así que non sei se hai canteira, pero hai xente boa. Dende logo creo que deberíamos apoiar máis desde aquí.
Algunha anécdota nestes anos de carreira?
Non, ningunha (rí). Non, en serio, home... Algo gracioso? Intentas ser gracioso ti, pero realmente non hai anécdotas especiais.
Viviches algúns anos en Santiago, tes algún rincón favorito?
A praza da Quintana. Cóntoche un segredo? Unha vez me desnudei na Quintana. Estaba eu solo e dixen, apetéceme sacar a roupa. Vivía cerca e dixen, estar en Santiago nunha praza coma esta e non facelo... (sorrí). ‘David Amor desnudouse na Quintana’ Xa tedes titular... (sorrí)
Onde te ves en dez anos?
Pois... aquí nunha entrevista contigo, falando dos éxitos acadados e celebrando o décimo aniversario do Día do Emprendedor.
E onde poderemos verte próximamente?
Agora estamos con dous proxectos profesionais. Un é ‘Pasa a tomar un café cando queiras’, que é un espectáculo no que empecei co meu compañeiro Leo Harlem. Temos datas xa en Coruña e Lugo e estou preparando outro con Oswaldo Digón e Pepo Suevos, sobre tecnoloxías que se chama Hai Pod. Faremos a estrea en decembro e percorreremos salas de Galicia.
O TERCEIRO GRAO
Fixeches o Camiño? A cachos
Faralo enteiro? Non, teño coche (sorrí)
Martes e Trece ou Faemino e Cansado? Hai que elixir?
Humorista favorito… Moitos, pero en resposta curta podo dicir: Kiko Cadaval, Carlos Blanco, etc; Faemino e Cansado, Gila, etc; Monty Pyton e Les Luthiers, etc. Así fágoche un repaso de Galicia, España e mundial, vale? (sorrí)
Deportista favorito... Nadal
Qué ves na tele? Intento ver de todo
E que escoitas na radio? Música e polas noites o programa de humor de Onda Cero, que son coleguillas
E que buscas en Internet? Atendo ás redes sociales, que me dan moito choio. Tamén leo os correos de traballo.
A que político lle faría falta ter máis humor? Uf... Político non pode ir con humor. Non teñen sentido do humor ningún
Algún ten especial retranca? No seu día, Labordeta
Monólogos ou balonmán? É que non quero escoller! (rí) Veña... facer monólogos nos partidos de balonmán
Verémoste apoiando ao Obradoiro, Lobelle ou Compos? Pois é posible que veña ao Obra, que teño amigos aficionados
Compartir
santiagosiete no se hace responsable de los comentarios u opiniones
que los lectores de la publicación expresen en esta página web.










