
A Concellaría de Participación Cidadá do Concello de Santiago de Compostela e o xornal compostelán Santiagosiete organizan conxuntamente a campaña en beneficio destas institucións
3 de decembro de 2009.- Nunha aposta pola solidariedade social, a concellaría de Participación Cidadá do Concello de Santiago de Compostela e o xornal gratuíto compostelán Santiagosiete inicia esta semana a campaña NADAL SOLIDARIO que consistirá na recollida de alimentos e xoguetes para ser doados a catro das entidades máis representativas na asistencia en Santiago de Compostela aos cidadáns máis desfavorecidos: a Cociña Económica, o Cottolengo do Pai Alegre, Cáritas Diocesana e o Albergue de Xoán XXIII.
Todos os veciños e veciñas que queiran facer chegar a estas institucións toda clase de alimentos en bo estado non perecedeiros tales coma pastas, arroz, galletas, conservas, aceite, especias, froitos secos, legumes, botellas e latas, marmeladas, cereais, tetra bricks, doces, turróns, etc. atoparán unha serie de lugares na cidade, chamados ‘esquinas solidarias’, onde deixar a súa doazón. A campaña tamén se amplía á recollida de xoguetes en bo estado.
Puntos de recollida de alimentos e xoguetes:
Santiagosiete. Rúa Amio Parcela 32. Costa Vella. Tlf. 981 938444
Casa das Asociacións. Avda. de Vilagarcía 43. Tlf. 981 542350
Grupo Isonor. Avda, de Lugo 145. Tlf. 981 062590
Tamén a través da internet impulsaremos a recollida de alimentos e xoguetes na páxina web www.nadalsolidario.org onde se darán a coñecer todos os detalles, noticias e puntos de entrega das doazóns.
Gala solidaria no Teatro Principal Finalmente, este NADAL SOLIDARIO culminará o vindeiro luns 21 de decembro ás 21:00 horas no Teatro Principal (Rúa Nova 21) cunha gran gala onde se amosará un vídeo sobre estas catro institucións benéficas e que contará coa actuación do quinteto gospel estadounidense Brotherhood Singers. Ademais se fará entrega dun diploma solidario ás empresas, institucións e asociacións de veciños patrocinadoras e participantes no evento. O prezo da entrada será de dez euros que será entregado integramente e por partes iguais ás catro institucións benéficas.
As entradas estarán á venda proximamente na web www.nadalsolidario.org, na taquilla do Teatro Principal e nas oficinas de Santiagosiete no polígono de Costa Vella. Nadal Solidario é un evento organizado pola Concellaría de Participación Cidadá de Santiago de Compostela e Santiagosiete, el gratuito de Compostela e conta co patrocinio da concellaría de Festas de Santiago de Compostela, Aquagest, Grupo Brea, Area Central, Cativos Xestión de Escolas Infantís, Kátedra Profesional, Coca-Cola, Televés e Puentes Inmobiliaria, ademais da colaboración de Fílmate Fotografía y Vídeo, Grupo Isonor e Transportes Autoradio.
Quenes son as entidades benéficas?
Cottolengo do Pai Alegre. Atendido polas Servidoras de Xesús para servizo das mulleres enfermas incurables máis pobres, levan ofrecendo asistencia en Santiago de Compostela dende o 22 de xullo de 1951. A estas relixiosas no lles está permitido pedir limosna. “Nós necesitamos e Deus provee”, nos dí a nai superiora. Viven do que libremente deciden aportar os doantes que se achegan ata as súas instalacións do Monte do Seixo no barrio do Castiñeiriño.
Levan o nome da obra italiana fundada por San Xosé Benito Cottolengo en Turín (Italia) en 1827. Nenbargantes, as relixiosas Irmás Servidoras de Xesús do Cottolengo do Pai Alegre no aparecerán ata 1939 cando o xesuíta Jacinto Alegre Pujals funda a congregación.
Actualmente ofrecen espazo para algo menos de 60 mulleres –o Cottolengo compostelán non acepta homes- que atopan entre as súas paredes un dignísimo lugar onde pasar os últimos días das súas vidas rodeadas de cariño e paz. Na actualidade contan cunha decena de menores de idade enfermas e abandonadas.
Que reciben? No lles está permitido pedir, pero aceptan o que libremente doan as persoas: comida, roupa, diñeiro, mobles, produtos de limpeza, etc.
Onde están? Rúa do Cottolengo 1-3. Tlf. 981 590995
Cáritas diocesana de Santiago de Compostela. Cáritas é unha entidade de acción caritativa e social creada pola Conferencia Episcopal en 1947. Entre os seus obxectivos fundacionais destacan a axuda á promoción humana e ao desenvolvemento integral da dignidade de todas as persoas que se atopan en situación de precariedade e exclusión social. Na súa traxectoria, Cáritas asume un triple compromiso na súa acción social: informar, denunciar e sensibilizar á opinión pública sobre as situacións de pobreza e vulnerabilidade, as súas causas, consecuencias e a posibilidade de participación no cambio.
En toda España existen 68 Cáritas diocesana como a compostelá e logran os seus obxectivos grazas ás aportacións de doantes anónimos que colaboran de forma desinteresada cos seus fins humanitarios.
Que reciben? Todo tipo de útiles que as persoas ás que asisten poidan necesitar: alimentos non perecedeiros, produtos de aseo e limpeza, roupa, calzado, xoguetes, libros, material escolar... Tamén admiten doazóns económicas.
Onde están? Carreira do Conde 14. Teléfono: 981 581 542
Albergue de transeúntes de Xoán XXIII. Abriu as súas portas en 1971 como centro de acollida a peregrinos, pero ao pouco converteuse no que é a día de hoxe: un lugar temporal de descanso para os ‘sen teito’. Os seus usuarios poden pasar ata un máximo de sete noites no albergue, que é completamente gratuíto. As súas instalacións na rúa de Xoán XXIII contan cunha treintena de camas para homes e mulleres, lavabos, roupeiro, lavandería e unha pequena cociña onde lles serven unha taza de leite quente e unhas galletas.
Actualmente e despois dunha importante reforma, agardan na espera da definitiva licencia de apertura para poder ofrecer este servizo benéfico a todos aqueles transeúntes que ao final da tarde camiñan ata os seus dormitorios en busca dunha ducha quente e unha cama limpa.
Que reciben? Doazóns económicas, roupa e calzado, roupa de baño e de cama, produtos de aseo persoal, roupa interior sen usar.
Onde están?Rúa dos Castiñeiros s/n (Lateral da Igrexa de San Francisco). Tlf. 981 581952
Cociña Económica das Irmás da Caridade. Cada día, uns 140 pobres comen cada día no seu comedor da Praza de Irmán Gómez. Esta primaveira, o pai Precedo, presidente da Patroal da Cociña Económica daba a coñecer que nos últimos meses, o número de comensais incrementarase nun 50 por cento. Se ben o seu comedor ten capacidade para unhas 80 persoas, nos últimos tempos as relixiosas chegan a atender a unha media de 130-140 persoas. Ao longo dun mes, entre pequenos almorzos, xantares e ceas , as Irmás da Caridade serven máis de 7.000 menús aos máis necesitados.
Lentellas ou sopa; peixe fritido ou hamburguesa; un doce ou froita sería o menú dunha xornada ordinaria. O prezo: 80 céntimos. Os pequenos almorzos comezan a servirse ás 9 da mañá, o xantar a partires das 13:00 horas e a cea dende as 20:30 horas. A día de hoxe son once as persoas encargadas do comedor: seis relixiosas, catro empregadas e unha traballadora social.
Que reciben? Todo tipo de comida, sexa fresca ou non perecedeira.
Onde están? Rúa Travesa 13. Tlf. 981 581028












